ESTA GALAXIA

O IES Carlos Casares de Vigo é un centro educativo da periferia da cidade e onde, a pesares de que boa parte do alumnado procede de núcleos pequenos, o uso do galego entre os rapaces e as rapazas diminúe cada ano. Así que xuntámonos varios departamentos: Dinamización Lingüística, Plástica e Linguas, para crear este universo de creación e innovación educativa que chamamos GALAXIA CASARES, LERIANDO NO CASARES.

Biblioteca 02O principal obxectivo do proxecto é fomentar o uso do galego en contextos non académicos, traspasando as paredes da aula no proceso educativo e poñendo a imaxe e as novas tecnoloxías ó servizo dun uso normalizado e actual do idioma. Ademais diso, quixemos corrixir outra eiva, o descoñecemento que entre o alumnado existía da obra de Carlos Casares, autor que dá nome ó instituto. E así foi como xuntamos os ingredientes dun proxecto que recibiu un Premio de Innovación Educativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería deEducación. Tamén temos o apoio da Fundación Carlos Casares e da Editorial Galaxia.

rodaxe 02Pero ademais deses apoios externos, o máis importante é o entusiasmo e a colaboración que toda a comunidade educativa está demostrando cun proxecto que este curso comezou a dar os seus primeiros pasos. Rodamos curtametraxes, fixemos cancións, libros de artista, fotorrelatos, ilustracións, etcétera. Todo se pode atopar xa nesta web.