Xogo do Leoncio

Versión en liña do Xogo do Leoncio ampliando o xogo de chan patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo Concello de Vigo.
Foi realizado polo alumnado de 1º de ESO do IES Carlos Casares de Vigo, para poñer a proba os coñecementos das nenas e nenos de 3 a 7 anos sobre o libro A galiña azul de Carlos Casares.

OBXECTIVO DO XOGO

O gañador/a do xogo é o/a que primeiro chegue á casa de meta.

PREPARACIÓN

Establecede as quendas de xogo do seguinte xeito: cada xogador tira o dado, a quenda do xogo establécese seguindo a puntuación máis alta acadada por cada un dos xogadores. No caso de que dous ou máis xogadores empaten, volverán tirar o dado e incorpóranse á quenda do xogo tendo en conta a puntuación acadada.

Indicade o número e o nome de cada un dos xogadores.

CASAS ESPECIAIS

Casas Leoncio: se caedes nalgunha destas casas amarelas coa imaxe de Leoncio, saltades á seguinte.
Casa Peixe-paxaro: se caemos nesta casa número 15, saltamos ata a casa número 20.
Casa ovos amarelos: se caemos nesta casa número 30, quedamos dúas quendas sen tirar o dado.
Casa ovo rosa: se caemos nesta casa número 38, quedamos unha quenda sen tirar o dado.
Casa matagaliñas: se caemos nesta casa número 36, volvemos á casa de saída.
Casa ovos verdemar: se caemos nesta casa número 41, quedamos tres quendas sen tirar o dado.
Casa formiga esquiadora: se caemos na casa número 49, avanzamos ata a casa 52.
Casa da felicidade: o primeiro que aquí caia, este xogo gaña.

Ligazón

//scratch.mit.edu/projects/embed/158081691/?autostart=false

Advertisements

Os comentarios están pechados.