Libro de artista. Vento ferido

IMG_1956

Eu representei cada historia do libro nunha caixa incluíndo símbolos e obxectos que foran un punto fundamental na historia, poñendo como fondo as cores negra, gris e branca para transmitir os sentimentos de ira, tristeza e amor, respectivamente. Ademais, fixen un dobre fondo onde gardei unha especie de diario do autor para expresar que cada escritor garda parte del mesmo, da súa alma, inconscientemente, nos seus escritos; máis nun tempo tan escuro coma o que viviu Carlos Casares. Neste diario tamén quixen reflectir esa etapa tan pouco esperanzadora e tan traumática, a través dos sentimentos que cría que podía sentir el.

María Alonso

Advertisements

Os comentarios están pechados.