Narrando imaxes

Fotorelato_Paula_AlonsoAlgo que xamais esquecerei é a forma en que me mirabas aquela tarde de verán. O teu sorriso doce, as túas meixelas tinguidas de vermello. E eses ollos que falaban por si mesmos. E eu, pobre indefenso, deixeime vencer por toda a túa maxia.

Calquera dirá que son un tolo por falar de ti coma se foses unha divindade; a miña obra máis adorada. Pero quen non sentiría isto téndote a ti ao seu carón. E certo é, meu amor, que non son o máis axeitado para falar da túa beleza; aínda que algo que moitos din é que ser o amor dun escritor, fai que non morras nunca. Pero déixame dicirche que por moitos libros, poemas, relatos… que escriba sobre ti, meu anxo; xa es inmortal.

Na miña cabeza. No meu corazón. E con ese cabelo dourado… sempre serás o meu sol de verán.

Paula Alonso

Advertisements

Os comentarios están pechados.